O 5 decembro ás 18,30 horas
no Centro Sociocultural O Ensanche
(R/Frei Rosendo Salvado, 14 -16, baixo) en Santiago de Compostela ADICAE (Asociación
de Consumidores y Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) proxectará o documental "MIS AHORROS, SU BOTÍN” con debate
posterior sobre os fraudes ao aforro.
O
documental realizado por ADICAE aborda as distintas realidades e perspectivas
do aforro tras ano de conflito e no actual contexto de crise. No filme
participan personalidades do mundo económico e financeiro, e persoas afectadas,
explicando as orixes dos problemas e como afrontalos de cara ao futuro.
“Lo que me habían prometido
no me lo daban”. “Nos quitaron nuestros ahorros. Nuestra finalidad era la de
ahorrar y punto”. “Me siento defraudado, no pensaba que fueran a hacerme
semejante jugada”. Son tres testemuñas que poñen voz a como as malas prácticas
bancarias acabaron cos aforros de toda unha vida. É necesario un cambio na
relación entre as entidades e os clientes, así como unha maior educación financeira
dos cidadáns que evite os erros do pasado. Este é o gran obxectivo do
documental.
Confirmar asistencia no teléfono
981 947 397 o no correo santiagodecompostela@adicae.net.
ADICAE GALICIA - DELEGACIóN
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA- Rúa Vilagarcía, 2- oficinas (Praza de Vigo) 15706
Santiago de Compostela Tlf./Fax: 981 941 397
No hay comentarios:
Publicar un comentario