18 dic. 2012

Curso de Inglés

Debido a problemas alleos á Asociación, e á organización da actividade, suspéndese temporalmente a mesma por incompatibilidade dos horarios coa persoa que se comprometera para o desenvolvemento da mesma.

Os asistentes serán emplazados de novo, caso de seguir interesados, á celebración da mesma, cando estea concretado o día e hora dos que poida dispoñer a nova persoa que nos axude no barrio coa conversa.

Perdón polas molestias

2 dic. 2012

Proxección de 'Mis ahorros, su botín'


O 5 decembro ás 18,30 horas no Centro Sociocultural O Ensanche (R/Frei Rosendo Salvado, 14 -16, baixo) en Santiago de Compostela ADICAE (Asociación de Consumidores y Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) proxectará o documental "MIS AHORROS, SU BOTÍN” con debate posterior sobre os fraudes ao aforro.
O documental realizado por ADICAE aborda as distintas realidades e perspectivas do aforro tras ano de conflito e no actual contexto de crise. No filme participan personalidades do mundo económico e financeiro, e persoas afectadas, explicando as orixes dos problemas e como afrontalos de cara ao futuro.
“Lo que me habían prometido no me lo daban”. “Nos quitaron nuestros ahorros. Nuestra finalidad era la de ahorrar y punto”. “Me siento defraudado, no pensaba que fueran a hacerme semejante jugada”. Son tres testemuñas que poñen voz a como as malas prácticas bancarias acabaron cos aforros de toda unha vida. É necesario un cambio na relación entre as entidades e os clientes, así como unha maior educación financeira dos cidadáns que evite os erros do pasado. Este é o gran obxectivo do documental.
Confirmar asistencia no teléfono 981 947 397 o no correo santiagodecompostela@adicae.net.
ADICAE GALICIA - DELEGACIóN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA- Rúa Vilagarcía, 2- oficinas (Praza de Vigo) 15706 Santiago de Compostela Tlf./Fax: 981 941 397

22 nov. 2012

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

A Asociación Veciñal Pontepedriña organiza unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes de cara ao Nadal, en colaboración coa Cruz Vermella e o Concello de Santiago.
Precísanse sobre todo leite, legumes, arroz, conservas e pastas, pero calquera alimento NON PERECEDOIRO será ben recibido. Os xoguetes han de estar en bo estado (non deteriorados polo uso).
Preténdese ademais darlle continuidade á recollida de alimentos tras o Nadal, debido á dificultade económica e ao drama social que moitas familias están a atravesar.
Grazas pola súa colaboración e axuda.

15 nov. 2012

Baloncesto no pavillón de Pontepedriña

A Asociación Veciñal da Pontepedriña ten reservado o pavillón do barrio para xogar ao baloncesto. Os luns, de 19:00 a 20:30 horas, se tes 16 ou máis anos, podes pasarte polo pavillón para xogar.
O número de prazas é limitado, tendo preferencia os asociados.

2 nov. 2012

Inglés curso 2012- 2013

Finalmente comeza a segunda edición dos encontros para falar en inglés que se celebran no CSC de Pontepedriña, en Amor Ruibal.
Este ano ao igual que o ano pasado a cita será en xoves, pero cun horario un pouco máis tempranero. Comezará ás 21:30h e prevése acabar ás 22:30h.

O custo da actividade é de 6€ de matrícula para socios e socias e de 12€ para os non socios.

Animádevos, and try to improve your English in Pontepedriña! Cause we're part of the world!!!

24 oct. 2012

Magosto 2012


Renovación da tarxeta de residentes

Concellaría de Tráfico Renovación de tarxetas de residentes de zona verde: Ultreia

O Departamento de Tráfico informa que a partir do 22 de outubro os veciños da zona 5: Ultreia que dispoñan da tarxeta de aparcamento de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substituirá á anterior. Continuarase coa entrega das tarxetas aos veciños da zona 1: Pontepedriña, da zona 2: Vite-Guadalupe, da zona 3: San Pedro e da zona 4: Almáciga. Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que segan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, que estean empadroados persoa e coche no domicilio para o cal obtiveron a súa 1ª tarjeta (aínda que non é necesario achegar novamente a documentación, teñense revisado todas as tarxetas e anulado aquelas que non cumprían actualmente algún dos 2 requisitos mencionados anteriormente. A recollida é no Dpto. de Tráfico en Costa do Cristo s/n - 1º andar), de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. A entrega farase á persona interesada ou autorizada e para iso será necesario a entrega da anterior tarxeta xunto coa a presentación do D.N.I. ou fotocopia do titular da tarxeta.

19 sept. 2012

Regresa o Club de Lectura

Despois de descansar un par de meses durante o verán, o Club de Lectura da Pontepedriña retoma a súa andaina o próximo mércores 26 de setembro, ás 21,30 horas no Local Sociocultural da Rúa Amor Ruibal, 26.

Para este mes tiñamos como lecturas Fahrenheit 451, unha pequena homenaxe ao gran escritor de ciencia ficción (ou non), o recentemente finado Ray Bradbury. E tamén o excelente cómic (ou novela gráfica) El arte de volar, con guión de Antonio Altarriba e debuxo de Kim, Premio Nacional de Cómic no 2010. Dúas obras que seguro non deixan indiferente a ninguén e que provocarán un diálogo vivo e suxestivo.

O Club está aberto a participación de todas as persoas amantes da lectura desexosas de compartilas. Non tedes máis que mandar un correo ao enderezo da Asociación ou acudir directamente ao Local.

16 sept. 2012

«As asociacións non son nin do goberno nin dá oposición»


O directivo cre que sobreviven as que non teñen ambición política
Marga Mosteiro 16 de setembro de 2012 (La Voz de Galicia)
Xaquín Mato Castro, presidente da Asociación deVeciños Raigame, do Ensanche de Santiago, ocupa o cargo dende a fundación hai agora 25 anos.
-¿Como recorda os anos da xestación da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche?
-Foron tempos difíciles para o Ensanche. Hai uns trinta anos, antes de crear a asociación, empezamos Vivencio, que é un histórico do movemento veciñal e volveu agora a asociación de Castiñeiriño, e eu. Por aqueles anos non había alumeado na rúa Nova de Abaixo e, despois de moito falar, a única maneira de conseguir a luz foi pagando mil pesetas cada comerciante.
-As asociacións historicamente vincúlanse a reivindicacións sociais, ¿segue a ser así?
­-Certamente, as xentes nos unimos para reclamar cando a necesidade apreta. Agora, coa situación de crise, parece que volve a necesidade de non baixar a garda. Eu teño a sensación de que o cambio de goberno fai que esteamos máis pendentes. Algunha vez pensei que era mellor votar a persiana e marchar, pero o certo é que temos que seguir. Non quero pensar mal deste goberno, pero aínda non nos recibiu o alcalde. Nin Conde Roa ni Currás.
-Leva 25 anos á fronte da asociación, ¿non está canso?
­-Moito, pero non me deixa marchar Agustín Pena, que é o verdadeiro presidente de Raigame. É a alma da asociación, eu son o presidente no papel, pero sen Agustín isto estaría morto.
-¿Cal foi o detonante para constituír a asociación?
­-Un problema moi grave de drogas na rúa Nova de Abaixo. Fixemos unha manifestación, entón era alcalde Xerardo Estévez e fixemos unha loita contra as drogas. Cando nos recibiron no Concello dixeron que as competencias non eran deles. Eu tiña claro que eles tiñan que escoitarnos e ser a nosa voz ante os responsables. E o foron, vaia se o foron.
-¿Quéixase vostede de que non os reciben agora en Raxoi?
­-É así. Non o digo por min nin por Agustín, que traballa polo barrio, senón pola xente do Ensanche. Non temos grandes problemas, pero hai cousas: ruídos, tráfico, delincuencia... aínda que non é a situación que provocou o nacemento da asociación. Non quero ser inxusto, falamos cos edís de Seguridade, Urbanismo e Barrios, pero o alcalde nada. A boa época para as asociacións foi a de Manolo Portas. Escoitaba e facía caso.
-¿Ten a sensación de facer o labor da oposición?
­-É así, somos a voz dos veciños. Contactas co goberno, antes cos do PSOE e BNG; e agora co PP. A intención é que vexan o que pasa na rúa, que non perdan a visión. Quédame pena de que agora os da oposición, antes goberno, nin ten miran. A única que saúda é Mercedes Rosón. Hai resentimento. As directivas non teñen que estar co goberno nin coa oposición, senón cos veciños. As ideas son para ti, na asociación hai que aparcalas. As asociacións sobreviven cando os seus membros non teñen ambicións políticas.

27 may. 2012

Raxoi pondrá radares para controlar la velocidad por protestas vecinales

En zonas como Fontiñas y O Paxonal, los residentes se quejan por lo rápido que van los coches // También habrá pasos de peatones asimétricos 

SANDRA CUIÑA SANTIAGO

630Uno de los controles de exceso de velocidad realizado por la Policía Local en la avenida de Lugo FOTO: C. Tobío
Uno de los controles de exceso de velocidad realizado por la Policía Local en la avenida de Lugo
FOTO: C. Tobío
El Ayuntamiento compostelano está dispuesto a luchar contra el exceso de velocidad en las calles más transitadas de la ciudad.
Las quejas vecinales de los residentes en zonas como O Paxonal, Fontiñas o Clara Campoamor han llevado a Raxoi a tomar la decisión de poner en funcionamiento radares en estos puntos conflictivos, para convencer a los conductores de que es necesario que levanten el pie del acelerador.
Así lo confirmó ayer a EL CORREO el concejal de Tráfico, Albino Vázquez Aldrey, que afirmó que a partir de ahora los controles de velocidad en esas zonas van a ser habituales. "Está campaña de controles de velocidad también la vamos a extender a los barrios. Vamos a poner a funcionar el radar en algunas zonas, porque tenemos quejas vecinales".

1 may. 2012

Taller de Relaxación Creativa e Activa

Este sábado cinco de maio, impartirase no CSC do barrio un taller de Relaxación a cargo de Ursia Gago. Os obxectivos do mesmo son:

  1. Descubrir e explora-las nosas capacidades creativas. 
  2. Poñer conciencia no noso corpo a través do xogo, e o pracer do movemento 
  3. Elimina-los bloqueos da mente que nos impiden achegarnos á nosa creatividade innata 
  4. Coñecer diferentes técnicas de relaxación que nos liberen dos citados bloqueos e condicionamentos 
  5. Desinhibición 
  6. Conectar de novo co pracer e a espontaneidade do xogo
Sobre Ursia, dicirlles que contamos coa súa colaboración e que participou en distintas montaxes teatrais (A viaxe de Lola, Insomnio) e películas (El rey del río, A lingua das bolboretas).

Para acudir ao taller será necesaria a inscrición na Droguería Beleza ou no correo da asociación: avv.pontep@gmail.com, podendo formalizar o pago neste último caso o propio día da actividade. O custe da mesma é de 2€ para socias e socios e 5 noutro caso. É necesario traer roupa cómoda e unha toalla.


20 abr. 2012

Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña

CONCURSO FOTOGRÁFICO
Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña
Asociación Veciñal de Pontepedriña e Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Pontepedriña

BASES
O Instituto de Ensino Secundario e a Asociación Veciñal de Pontepedriña, co fin de promover unha achega cultural ao coñecemento da contorna do noso barrio así como animar ao compromiso no seu coidado e desenvolvemento, decidimos promover o 1º Certame de Fotografía Instantánea Pontepedriña, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª.- Todas as fotografías presentadas ao Certame deberán ser orixinais e ter como referencia -na súa máis ampla consideración- o entorno de Pontepedriña: o meu curruncho preferido do barrio, o que debe cambiar, a vida cotiá  en Pontepedriña, etc.
2ª.- Poderán participar neste Certame -cun máximo de dúas fotografías- tanto o alumnado do IES como veciños/as de Pontepedriña. Establécense dúas categorías: 1. Alumnado do IES da Pontepedriña. 2. Veciñas e veciños do barrio.
3ª.- As fotografías presentaranse por correo electrónico ou en man, en formato dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán acompañadas dun pé de imaxe, título e, se se quere, unha breve explicación.
4ª.- Considerando que unha das premisas deste certame é a  mostra de imaxes captadas coa inmediatez do acontecer diario do noso barrio, estímanse apropiadas as fotografías tomadas con teléfono móbil, sempre que teñan unha calidade suficiente que permita a súa correcta impresión para poder ser incluídas nunha exposición dos traballos presentados no IES e/ou Local Sociocultural.
5ª.- Valorarase a relación coa temática proposta, a calidade estética, a forza expresiva, a orixinalidade e calidade da fotografía e o pé de imaxe. As fotografías poderán ter sido modificadas por medios de tratamento informático de imaxes pero non se admitirán aquelas que desvirtúen ou modifiquen a veracidade da fotografía.
6ª.- O alumnado, no correo, xunto ás fotografías, debe incluír o nome e o curso, enviándoo ao enderezo: endlpontepedrinha@gmail.com, ou en man, nunha memoria USB entregándoa na Secretaría do centro. A memoria USB pódese retirar unha semana despois de rematar o prazo de presentación de fotografías.
- Os veciños e veciñas enviarán as fotografías, acompañadas do seu teléfono e enderezo ao correo: avv.pontep@gmail.com
7ª.- Prazos: O prazo para entregar as fotografías remata o día15 de maio do 2012
8ª.- Premios: Haberá tres premios para cada categoría
            1º premio: Cámara de fotos Pentax optio RS 1500, 14 mb e zoom óptimo de 4
            2º e 3º premio: Banda deseñada en galego
Un xurado composto por alumnado e profesorado do EDL do IES Pontepedriña e dous representantes da directiva da Asociación Veciñal Pontepedriña concederá os premios que se indican e que serán entregados nun acto que se anunciará oportunamente:
            9ª.- As fotografías poderán ser expostas no IES e no Centro Sociocultural, e tamén poderán inserirse nas páxinas web e/ou blogs do IES e da Asociación, así como incluírse na revista escolar e posteriores publicacións do IES e da Asociación Veciñal de Pontepedriña.
            10ª.- Os premios poden ser declarados desertos.
            11ª.- A participación neste certame supón a aceptación destas bases.



19 abr. 2012

CURSO DE AROMATERAPIA

Nas datas que abaixo se sinala celebraráse no CSC da Pontepedriña un curso de Aromaterapia impartido pola Asociación Bioturmalina. Grazas á colaboración entre as dúas asociacións, os socios e socias da AV Pontepedriña gozarán dun desconto do 20% sobre o prezo final do curso. A data límite de inscrición é o 23 de Abril.

Máis información no tríptico que se acompaña e na páxina web de Bioturmalina.

*      CURSO TEÓRICO VIVENCIALAROMATERAPIA/SALUD NATURAL
 
 
Curso de gran interés teórico y vivencial que ofrece herramientas a los profesionales de la salud, profesionales de la estética y belleza natural, personas que trabajan con bioenergética, autoconocimiento y todas las personas que deseen realizar un proceso personal para mejorar su salud y en particular si te gusta el mundo de la Aromaterapia y quieres profundizar en ella, de la mano de una profesional con muchos años de experiencia en consulta y formación. 
 
La aromaterapia nos ayuda a crear armonía dentro y fuera de nosotros. En este taller vivencial rabajaremos con  Aromaterapia convencional,  Psicoaromaterapia,  Aromaterapia mágica y  Aromaterapia para el amor.
 
vElaboración de preparados con aceites esenciales (difusores/ambientadores, aceites de masajes y de belleza y otros preparados para llevar encima.
vVeremos soluciones prácticas para mejorar nuestra belleza y nuestra vida, armonizar espacios, eliminar las cargas energéticas y conectar con  las  esencias más adecuadas para el amor.
vCrearemos un de mapa corporal, mental, emocional y energético para trabajar con los aceites esenciales y utilizaremos diferentes ejercicios prácticos (masajes, tacto, afirmaciones, visualizaciones..) para liberar nuestras corazas corporales, emocionales, psíquicas y energéticas que nos producen ansiedad, estrés y otras disfunciones.
vCompartiremos un entrenamiento en aromas y emociones para que tú mism@ seas tu propi@ terapeuta y creador@ de tu salud y belleza.
 
MATERIAL CURSO: APUNTES- C.D.-VÍDEO-MATERIAL PRÁCTICAS- DIPLOMA  
 
DONDE: Centro Sociocultural de Pontepedriña- Santiago.
CUANDO: 28 abril y 19 de mayo-  Mañanas: 10:00 a 14:00- Tardes: 16:00 a 20:00
ORGANIZACIÓN Y DOCENCIA: Asociación  Bioturmalina
-Plazas limitadas, plazo inscripciones: 23 de abril.
+ INFO e INSCRIPCIONES:  Te. 0034 981 59 44 81
 
 
 
 
 

14 abr. 2012

Mercadiño en Pontepedriña o 21 de abril

O próximo sábado 21 de abril terá lugar a segunda edición do mercadiño de intercambio e venda de segunda man na Pontepedriña. A actividade está aberta a toda persoa (do barrio ou non) que teña algún obxecto que non precisa e que lle pode servir a alguén máis, así como a aqueles que sentimos curiosidade e que sempre pensamos que podemos atopar algo que nos é útil. O horario de intercambio será de 17:30 a 20:30, pero recoméndase estar antes, en torno ás 17:00 para aqueles interesados en poñer un posto.
De acompañar bo tempo celebrarase no parque anexo ao CSC, e noutro caso na sala de Usos Múltiples.


13 abr. 2012

O Club de Lectura da Pontepedriña comeza a camiñar

Na reunión preparatoria de onte, 12 de abril, nove amantes da lectura constituímos o Club de Lectura da Pontepedriña, amparada pola Asociación Veciñal.

Decidiuse manter as reunións o último mércores de cada mes, ás 21,30 no Local Sociocultural. A primeira reunión será o día 25 de abril, e para comezar imos falar do libro de Manuel Rivas, Que me queres amor. Levaremos a cabo dúas reunións máis, maio e xuño, descansando nos meses de verán. As futuras lecturas serán consesuadas polos membros do club nas próximas reunións.

O Club está aberto a máis participantes, só hai que mandar un correo a avv.pontep@gmail.com, co seu teléfono e incorporarse ás reunións.

30 mar. 2012

Club de Lectura

Ante a petición dalgúns socios e o interesante que nos pareceu a actividade, dispoñémonos a crear un Club de Lectura da Pontepedriña. Tal e como se di no cartel de abaixo, convocamos unha reunión preparatoria para o día 12 de abril, xoves, ás 21,30 horas, no Local Sociocultural do barrio. En dita reunión, as persoas que desexen ser membros deste club consensurán os aspectos básicos da organización do club: periodidicidade das reunións, horario das mesmas, lecturas, número máximo de membros, posibles grupos, actividades a realizar, etc. En principio, o club está aberto a todas as persoas que teñan interese, pero no caso de superarse o número de persoas axeitadas para este tipo de foro terán preferencia os socios e os veciños do barrio, por esta orde. Animádevos a participar!!!



11 mar. 2012

Curso de Corte e Confección

- Podedes inscribirvos na droguería "Beleza" (Rúa Amor Ruibal; a alta faráse por orde de inscrición).

- Non é necesaria máquina de costura

- Comeza o venres 16 de marzo.
 

8 mar. 2012

Clara Campoamor


Clara Campoamor naceu en Madrid en 1888 e morreu en Suíza en 1972. Foi a principal responsable da consecución do sufraxio universal, do voto feminino, durante a II República, o 1 de outubro de 1931. É considerada unha das máis importantes feministas da historia de España. Nas Cortes republicanas era foi deputada, defendendo o voto das mulleres e, máis tarde, a primeira lei do divorcio.
Nace nunha familia humilde, o seu pai era contable e a súa nai modista. Ao morrer seu pai deixou a escola e axudaba a súa nai repartindo roupa. Aos 21 anos aprobou as oposicións para Correo, comezando a traballar en 1910 en San Sebastián. En 1914 acada a mellor nota nas oposicións para mestra de adultas, pero só lle permiten ensinar taquigrafía e macanografía, ao non ter o Bacharelato. En 1920 matricúsase no Bacharelato e remata en dous anos. E aos 36 anos convértese nunha das poucas licenciadas e comeza a exercer a avogacía e a participar en política, defendendo sempre a igualdade de dereitos da muller.
Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) recibiu varios premios que sempre rexietou como xesto de protesta republicano. Mantívose sempre fiel as seus principios e a unha vida humilde. Cando Alfonso XIII tivo que fuxir de España e se proclamou a II República (14 de abril de 1931) convocáronse eleccións para Cortes, nas que as mulleres puideron ser elixidas pero non votar. Saíu elixida deputada nas listas do Partido Radical liderado por Lerroux, ao que se afiliou por ser 'republicano, liberal, laico e democrático'.
Nas Cortes pelexou para conseguir acabar coa discriminación por razón de sexo, a igualdade legal das fillas e fillos habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal. A maioría da esquerda non quería que as mulleres votasen porque pensaban que estaban influídas pola Igrexa e votarían as dereitas. Esa era a postura defendida por outra deputada, Victoria Kent. As dereitas tampouco pensaban no dereito ao sufraxio das mulleres, pero apoiárono porque pensaban verse favorecidas. A brillantez de Clara Campoamor no debate foi clave á hora de conseguir o apoio da maioría dos deputados.
Nas eleccións de 1933 (as primeiras nas que participaron as mulleres) non conseguiu ser elixida deputada. En 1934 abandonou o Partido Radical pola súa política dereitista. Cando comezou a Guerra Civil fuxiu de Madrid e refuxiouse en Francia. Despois viviu en Buenos Aires, e cando tentou regresar a España enterouse de que ía ser xulgada por pertencer a unha loxia masónica. Negouse a declarar e ficou para sempre no exilio. En 1955 instalouse en Suíza, traballando como avogada. Morreu en 1972, e mandou cos seus restos foran incinerados en Donostia, onde estaba cando se proclamou a II República.
¡Las mujeres! ¿Cómo puede decirse que cuando las mujeres den señales de vida por la República se les concederá como premio el derecho a votar? ¿Es que no han luchado las mujeres por la República? ¿Es que al hablar con elogio de las mujeres obreras y de las mujeres universitarias no está cantando su capacidad? Además, al hablar de las mujeres obreras y universitarias, ¿se va a ignorar a todas las que no pertenecen a una clase ni a la otra? ¿No sufren éstas las consecuencias de la legislación? ¿No pagan los impuestos para sostener al Estado en la misma forma que las otras y que los varones? ¿No refluye sobre ellas toda la consecuencia de la legislación que se elabora aquí para los dos sexos, pero solamente dirigida y matizada por uno? ¿Cómo puede decirse que la mujer no ha luchado y que necesita una época, largos años de República, para demostrar su capacidad? Y ¿por qué no los hombres? ¿Por qué el hombre, al advenimiento de la República, ha de tener sus derechos y han de ponerse en un lazareto los de la mujer? (discurso nas Cortes 1931)